Julio López
está desaparecido
hace 6444 días
versión para imprimir - envía este articulo por e-mail

Adiante a Revolución Bolivariana!
Por ADIANTE (MIR) - Sunday, Jul. 04, 2004 at 4:56 PM
adiante_mir@hotmail.com

Desde Galiza: A decisión dun pobo de ser libre é irrevogábel

Adiante a Revolución...
nuevo-1_copiar.jpg, image/jpeg, 360x504

Adiante a Revolución Bolivariana !

O proceso revolucionario que está vivindo Venezuela é imparábel. O goberno bolivariano encabezado por Hugo Chávez volveu demostrar de xeito exemplar o seu escrupuloso respecto ao exercicio democrático aceptando ir ao referendum revogatorio tras a primeira declaración do Consello Nacional Electoral. Todo isto a pesar de se teren constatado a falsificación de cando menos 700.000 asinaturas.

Desde que hai cinco anos as grandes masas de excluíd@s, a inmensa maioría do pobo de Venezuela, comezara o proceso bolivariano, a súa Revolución Bonita, os sectores da oligarquía venezolana, en alianza co Departamento de Estado ianqui, usaron de todos os medios posíbeis para a desestabilización do proceso: desde golpes de estado, emprego de paramilitares mercenarios, paros nos sectores estratéxicos da economía, manipulación mediática, etc. Ainda así a vontade maioritaria contestou xa en sete oportunidades reafirmándose no camiño encetado, como o fará outravolta, non temos dúbida, o vindeiro 15 de agosto.

Como ten expresado a Federación Mundial de Xuventudes Democráticas, desde ADIANTE (Mocidade Independentista Revolucionaria) reafirmamos: “A mocidade venezolana e o seu afouto pobo conta e contará co apoio de millóns de moz@s de todo o mundo nesta súa loita, que tamén é a nosa loita”.

A decisión dun pobo de ser LIBRE
é I R R E V O G Á B E L

ADIANTE (Mocidade Independentista Revolucionaria)
adiante_mir@hotmail.com

agrega un comentario